Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea Teresa Coelho chegada dende Portugal, e que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos once meses. A voluntaria súmase aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven na nosa entidade.